Esta receita de vieiras ao forno é tradicional de Galicia. Como en todas as receitas, ten as súas variantes segundo o costume de cada casa.
Prato Primeiro prato
Cociña Galega
Keyword forno, vieiras
Preparación 20 minutesminutes
Tempo de cocción 30 minutesminutes
Total Time 50 minutesminutes
Persoas 3persoas
Calorías 265.03kcal
Ingredientes
6vieira
1chorriñocoñac
3cdaaceite de oliva
1cebolapequeno
400gtomatespelado, sen sementes e triturado
½copaviño branco
100gxamón serranoen taquiños
pan relado
Instrucións
Limpar as vieiras e reservar nas súas cunchas.
Botarlles unha culleradiña de coñac por riba e deixalas marinar mentres se prepara a salsa.
Dourar a cebola, ralada ou ben picada, a lume lento.
A continuación, engadir o tomate pelado e triturado, o sal (coidado, engadirase xamón máis tarde) e un chisco de azucre.
Deixar cocer ata que espese. A continuación, engadir o viño branco e deixar reducir.
Engadir o xamón e refogalo uns segundos para que non se salgue demasiado.
Cubrir as vieiras coa salsa e empoar con pan relado.
Enfornar 12-15 minutos a 190º-200ºC
Video
Notes
Esta receita de vieiras ao forno é tradicional de Galicia. Como en todas as receitas, ten as súas variantes segundo o costume de cada casa. Pódese facer con tomate ou sen tomate, con pemento ou sen pemento, con xamón ou sen xamón e incluso sen pan relado.Eu fágoa como me ensinou miña nai e como sempre se facía na miña familia: con tomate, con xamón e con pan relado pero sen pemento. Ela poñía, ademais, en cada unha das vieiras unha culleradiña de coñac para que fosen macerándose mentres preparaba a salsa Eu fago o mesmo.Espero que vos guste.