Unha receita sinxela pero moi saborosa. O sabor danllo os berberechos xa que o seu caldo é o que se usa para cociñar a pescada.
Prato Prato principal, Primeiro prato
Cociña Española, Galega
Keyword berberechos, pescada
Preparación 20 minutesminutes
Tempo de cocción 15 minutesminutes
Total Time 35 minutesminutes
Persoas 2persoas
Calorías 169.29kcal
Ingredientes
4torospescada
1denteallo
1cebolapequena
200gberberecho
½vasoviño branco
auga
sal
aceite de oliva
perexilpicado
Instrucións
Lavar ben os berberechos e deixalos en auga salgada unhas horas para soltaren as areas.
Poñer a auga a quentar nunha pota e abrir nela os berberechos.
Unha vez abertos, retirar e reservar.
Filtrar o caldo resultante e reservar tamén.
Nunha tixola tipo paella ou nunha pota de barro, dourar a cebola e o allo picados nun fondo de aceite.
Cando estean listos, engadir o caldo de abrir os berberechos e o viño. Deixar cocer uns minutos.
Sazonar a pescada e engadila. Cociñar por ambos os lados ata que estea lista.
Engadir os berberechos e un pouco de perexil picado.
Video
Notes
Unha receita sinxela pero moi saborosa. O sabor danllo os berberechos xa que o seu caldo é o que se usa para cociñar a pescada.É máis normal facer pescada con ameixas, pero a min gústanme máis os berberechos, son máis saborosos. Teñen máis sabor a mar