Moi sinxelo: cocer as androllas en auga (sen sal) durante tres cuartos de hora a unha hora aproximadamente.
Mentres, noutra ola, cocer a verdura e as patacas en auga con sal, á que se pode engadir, se se quere, un pouco de caldo de cocer as androllas, pero non moito pois resulta moi forte debido ao adobo das androllas.