Límpase o cardo de fíos e cócese ata que estea tenro, reservando o caldo da cocción.
Sazónanse os dous xamonciños e alíñanse co allo en po e aceite de oliva, para asalos no forno a 190º durante media hora (15 minutos cada lado).
Mentres, nunha tixola, douranse os dous dentes de allo laminados, engádeselles unha cullerada de fariña e, co caldo da cocción, lígase unha salsa na que se manterá quente o cardo.
Cando os xamonciños estean listos, sérvense acompañados do cardo.