Follas de limón
Print Recipe
4 from 1 vote

Follas de limón

As follas de limón son unha sobremesa tradicional de Galicia moi típica da época de Entroido pero, desgraciadamente, está a caer no esquecemento.
Prep Time20 mins
Cook Time45 mins
15 mins
Total Time1 hr 20 mins
Course: Sobremesa
Cuisine: Española, Galega
Keyword: follas de limoeiro
Servings: 10 persoas
Calorías: 110kcal

Ingredients

  • 200 g fariña
  • 250 ml leite
  • 2 ovo
  • 1 cda azucre
  • extracto de limón
  • 50 folla de limoeiro
  • aceite de oliva para freír
  • azucre para espolvorear

Instructions

  • Cunha batedora ou variñas mesturar a fariña, o leite, os dous ovos, a cullerada de azucre e unhas pingas da esencia de limón, ata formar unha pasta fina.
  • Deixar repousar a masa unha media horal
  • Somerxer as follas de limoeiro na pasta e ir fritíndoas en aceite quente. Coidado coa temperatura do aceite pois, ao levar leite e azucre, a mestura pode se queimar axiña.
  • Escoar nun papel de cociña para retirar o exceso de graxa, reitrar as follas de limoeiro (opciona) e empoar con azucre.

Video

Notes

As follas de limón son unha sobremesa tradicional de Galicia moi típica da época de Entroido pero, desgraciadamente, está a caer no esquecemento. En realidade, son moito máis coñecidas as Orellas de Entroido ou as Flores. Na rexión de Murcia tamén as fan, senón iguais, practicamente, e chámanse " paparajotes".
Para preparar as follas de limón utilízanse, como soporte da pasta, follas de limoeiro. Aínda que menos utilizadas, tamén serven as da laranxeira. E as follas deben estar moi limpas e, ademais, ben secas para que se adhira ben a pasta. Ollo! as follas non se comen.
Hai quen deixa as follas do limoeiro unha vez feitas pero eu prefiro quitalas canto antes para que non se reblandezan e non saian demasiado aceitosas.
Por último, con estas cantidades saíronme 50 follas (no vídeo 40). A diferenza estriba soamente no tamaño das follas.

Nutrition

Calorías: 110kcal | Carbohidratos: 18g | Proteínas: 4g | Fat: 2g | Graxa saturada: 1g | Graxa poliinsaturada: 0.3g | Graxa monoinsaturada: 1g | Colesterol: 51mg | Sodio: 27mg | Potasio: 73mg | Fibra: 1g | Azucre: 3g | Vitamina A: 50IU | Calcio: 40mg | Ferro: 1.1mg