Polbo ao Sochantre
Print Recipe
4 from 1 vote

Polbo ao Sochantre

Preparación do polbo ao Sochantre, unha receita orixinal de Picadillo
Prep Time20 mins
Cook Time30 mins
Total Time50 mins
Course: Primeiro prato
Cuisine: Galega
Keyword: marisco, polbo
Servings: 4 persoas
Calorías: 344kcal

Ingredients

  • 1 polbo cocido
  • 1 cebola mediana
  • 1 pemento encarnado
  • 1 pemento verde
  • 4 tomate
  • 4 dente de allo
  • pirixel picado
  • aceite de oliva
  • sal
  • pementa

Instructions

  • Trocear o polbo cocido e reservar.
  • Nunha tarteira con aceite sofrixir a cebola e o allo picados. Salgar
  • Cando empecen a abrandar incorporar os pementos troceados. Salgar
  • A continuación, engadir os tomates pelados e moi picados. Engadirlles sal e un chisco de azucre ( optativo)
  • Deixar cocer uns 10 minutos.
  • Cando a salsa estea lista engadir a pementa ao gusto, perexil picado e o polbo.
  • Deixar cociñar todo xunto, a lume lento, uns 5 minutos para que se integren ben os sabores.

Video

Notes

O Polbo ao Sochantre é unha receita que deu a coñecer Manuel María Puga e Parga, coñecido como Picadillo, no seu libro La cocina práctica (1905).
Segundo relata, Picadillo era amigo do sochantre da Colexiata da Coruña. Un sochantre é, para quen non o saiban, o director do coro durante os oficios. Pois ben, parece que este bo cura cociñaba estupendamente e esta era unha das súas receitas. Con ela deleitou ao Sr. Puga durante unha invitación á súa casa e este incluíuna no seu libro.
Baseada na orixinal de Picadillo

Nutrition

Calorías: 344kcal | Carbohidratos: 17g | Proteínas: 39g | Fat: 13g | Graxa saturada: 2g | Graxa poliinsaturada: 2g | Graxa monoinsaturada: 8g | Colesterol: 120mg | Sodio: 1166mg | Potasio: 1288mg | Fibra: 3g | Azucre: 6g | Vitamina A: 2200IU | Vitamina C: 134.5mg | Calcio: 150mg | Ferro: 13.9mg