Empanada feita con zorza que é como se chama en Galicia á carne de porco picada coa que se fan os chourizos
Prato Primeiro prato
Cociña Galega
Keyword empanada, zorza
Preparación 1 hourhour
Tempo de cocción 50 minutesminutes
Total Time 1 hourhour50 minutesminutes
Persoas 6persoas
Calorías 783.75kcal
Ingredientes
Recheo
750gzorza
2cebola
100gaceite de oliva
Masa
500gfariña
100gaceite de oliva de facer o recheo
200gauga
20gfermento de panadaría
1cdiñasal
1cdiñaazucre
Instrucións
RECHEO
Nunha tixola con aceite sofrixir, lentamente, a cebola cortada á xuliana.
Cando a cebola estea branda engadir a zorza e sofrixir lixeiramente pois acabará de facerse no forno.
Escoar o rustrido e reservar 100 g do aceite para facer a masa.
MASA
Nunha cunca ponse o medio quilo de fariña e se fai un oco no medio.
Dentro botánse a auga morna co sal, o azucre, o aceite de preparar o recheo e o fermento desmiuzado.
Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue fácilmente das máns .
Formar unha bola. Cubrir cun pano e deixar repousar media hora.
DOUGH (in Thermomix)
Poñer no vaso 200 g de auga, 100 g de aceite de facer a zaragallada, o azucre e o sal.
Programar 1 minuto / 40ºC / velocidade 2.
Logo, engadir 500 g de fariña forte e o fermento desmiuzado. Programar 2 minutos a velocidade espiga.
Sacar a masa do vaso e traballar á man para formar unha bola. Deixar repousar, tapada, durante 30 minutos.
MONTAXE
Divídese a masa en dous anacos que se estiran en forma rectangular.
Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada (ou cuberta con papel de forno), colócase unha das metades da masa e sobre ela o recheo.
Tápase coa outra metade e selase polos bordos dobrando a parte inferior sobre a superior, na a que debe facerse, no medio, un buraco a modo de cheminea.
Cos restos da masa pódense facer uns adornos.
Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 200º durante 40-45 minutos.
Video
Notes
Empanada feita con zorza que é como se chama en Galicia á carne de porco picada coa que se fan os chourizos