Nunha ensaladeira, mesturar lascas finiñas de xamón do país, non tan finas como se é de fóra pero casi; unha cebola branca en aros; unhas follas de leituga; dous tomates maduros, pelados, esdoados e cortados en coarteróns; unhas olivas sen oso e sen recheo; un grolo xeneroso de bó aceite de oliva e unhas pingas de vinagre de Sidra.
Remexer bastante con culleres de madeira ou de plástico, nunca metálicas, e servir.
Notes
No libro de Fausto Galdo "Abecedario das mantezas" aparece na voz Xamón (páxina 311)Abecedario das mantenzas Galdo Fernández, Fausto, 1944- Vigo: Edicións Xerais de Galicia, DL 2012 319 páx. : il. ; 27 cm