Limpar os mexillóns, abrilos, retirar unha das cunchas, e dispoñer nunha fonte de forno.
Pódese gardar un pouco de caldo, coado, para engadir á salsa.
Nunha tixola cun fondo de aceite, refogar a cebola picada moi fina, practicamente triturada, sazonar e deixala facer moi lentamente para que non se queime pero que quede ben feita.
Engadir o tomate triturado ou picado moi miúdo, sen a pel nin as sementes, e sazonar.
Cando falten uns minutos para que estea feito, engadir o viño, o coñac e o chorriño de caldo de abrir os mexillóns (isto é optativo porque pode darlle un sabor demasiado forte).
Deixar reducir ata que quede un pouco espesa a salsa e, entón, engadir o xamón moi picadiño. O xamón engádese ao final para que non salgue demasiado a salsa.
Poñer un pouco de salsa encima dos mexillóns e gratinar no forno uns minutos.
Pódeselle botar un pouco de pan relado por enriba y gratinar ata que estea tostado, dependendo do espesa que resulte a salsa.