Límpanse e filetéanse as douradas, e coas espiñas, as peles e as cabezas prepárase un caldo de peixe engadíndolle unha cebola, una cenoria e uns gráns de pementa.
Mentres, córtanse as patacas en rodas, frítense, deixándoas a medio facer, e colócanse nunha fonte de forno.
Córtanse as verduras en xuliana e refóganse a lume lento; cando estean feitas, colócanse sobre as patacas.
Cúbrense as patacas e as verduras co caldo de peixe e por riba colócanse os lombos de dourada sazonados e aliñados con aceite e zume de limón.