Botar nunha cunca todos os ingredientes e mesturar ben. Ten que quedar una pasta uniforme e lixeira.
Deixar repousar unha hora.
Engraxar unha tixola de ferro (se non se ten filloeira) con touciño e, cando estea ben quente, botar un caciño de pasta espallándoa uniformemente por toda a tixola.
Cando estea feita dun lado (cando se despegue ben da tixola), darlle a volta e deixar que se faga polo outro lado.
Retirar da tixola a un pano para quitar o exceso de graxa.
Pasar a un prato. Repetir a operación ata rematar a pasta, untando a tixola co tociño para cada filloa.
Video
Notes
As filloas de caldo son unha das moitas variantes das filloas existentes en Galicia. Hainas de sangue, de anís, de leite…