Go Back
+ servings
Roupa vella #2
Print Recipe
5 from 1 vote

Roupa vella #2

Aproveitamento das carnes sobrantes do cocido
Prep Time20 mins
Cook Time20 mins
Course: Prato principal
Cuisine: Española
Keyword: carne, cocido, patacas, salsa de tomate
Servings: 2 persoas
Calorías: 555kcal

Ingredientes

  • 300 g carne de porco sobrante do cocido
  • 2 pataca grandes
  • 600 g salsa de tomate

Instructions

  • Esmiuzar a carne sobrante do cocido (chourizo, costela, lacón…) e reservar
  • Poñer a quentar a salsa de tomate.
  • Fritir as patacas.
  • Cando estea quente a salsa incorporar a carne esmiuzada e as patacas.
  • Remover con coidado mesturando ben. Deixar que se quente todo xunto uns minutos.
  • Servir.

Video

Notes

A roupa vella é, basicamente, o aproveitamento que facemos das carnes que sobran do cocido.
Hoxe preséntovos unha receita moi saborosa e sinxela que facía miña nai cando eu era cativa.
Consiste, simplemente, en esmiuzar as carnes, que poden ser lacón, costela, chourizo, rabo, tenreira, polo... Logo, fritir unhas patacas e servilo todo xunto con salsa de tomate, que pode ser natural ou de bote. No caso de sobraren tamén patacas cocidas, pódense cortar en anacos e fritir lixeiramente en lugar de facer patacas fritas novas.
Garanto que está boísima.
Aquí vos deixo a ligazón a outra receita de roupa vella

Nutrition

Calorías: 555kcal | Carbohidratos: 46g | Proteínas: 33g | Fat: 25g | Graxa saturada: 8g | Graxa poliinsaturada: 3g | Graxa monoinsaturada: 11g | Colesterol: 107mg | Sodio: 144mg | Potasio: 2063mg | Fibra: 6g | Azucre: 15g | Vitamina A: 1050IU | Vitamina C: 56.1mg | Calcio: 60mg | Ferro: 3.8mg