Frixir as patacas cortadas en rodas finas.
Facer dous paquetes como se explica a seguir, reservando a metade dos ingredientes para cada un deles.
Estender unha folla grande de papel de aluminio, ou papel de forno, e sobre unha das súas metades colocar as patacas.
Por enriba das patacas poñer os tomates cortados en rodas e sobre estes o filete de pescada, que hai que sazonar.
Sobre a pescada poñer as verduras, finamente picadas, e regar todo cun pouco de aceite de oliva.
Dobrar a metade libro do papel sobre a que ten os ingredientes e pechar os bordes, coidando de que queden ben selados, formando un paquete.
Facer igual o outro paquete.
Enfornar a 200ºC ata que os paquete estean completamente inflados, momento no que o peixe xa estará listo.
Cortar a parte superior do papel e servir no mesmo paquete.