Go Back
+ servings
Enfariñada ou Faragullos
Print Recipe
4 from 1 vote

Enfariñada ou Faragullos

A “ enfariñada” ou “ faragullos”, segundo a zona, é un prato típico da Mariña luguesa. En Trabada chámase Enfariñada e na Pontenova, Faragullos. En ambos os sitios celébrase unha festa gastronómica para a súa exaltación.
Prep Time5 mins
Cook Time30 mins
Total Time40 mins
Course: Aperitivo, Sobremesa
Cuisine: Galega
Keyword: fariña, ovos
Servings: 2 persoas
Calorías: 419kcal

Ingredientes

  • 1 ovo
  • 100 g fariña
  • 125 g auga o leche
  • 50 g touciño entrefebrado
  • sal
  • aceite de oliva

Instructions

  • Bater o ovo xunto coa auga e salgar.
  • Ir engadindo a fariña ata conseguir unha pasta semilíquida, algo máis gorda que a das filloas.
  • Nunha tixola cun pouco de aceite, fritir os anacos de touciño entrefebrado ata que estean tostados para que solten a graxa. Retirar e reservar.
  • Na mesma tixola botar a masa. Cando comece a callar pola parte de abaixo, darlle a volta. Nese momento romperá.
  • Continuar cortando e removendo a masa cunha escumadera ou culler de pau ata conseguir uns anacos pequenos, dourados pero non crus.
  • Ao final incorporar os torresmos para que se quenten e servir.

Video

Notes

A “ enfariñada” ou “ faragullos”, segundo a zona, é un prato típico da Mariña luguesa. En Trabada chámase Enfariñada e na Pontenova, Faragullos. En ambos os sitios celébrase unha festa gastronómica para a súa exaltación.
Consiste basicamente nunha masa semilíquida de fariña, auga e ovos. Segundo o costume, pódese poñer leite en lugar de auga ou ambas. Esta masa cállase nunha tixola cun pouco de aceite ou graxa de porco e vaise esmiuzando cunha escumadera, ou unha culler de pau, ata conseguir uns pequenos anacos de masa (os faragullos) que se cociñan ata que estean un pouco dourados e ao mesmo tempo non estean crus. O proceso de callado pode durar entre 15-20 minutos aproximadamente. Por suposto iso tamén depende da cantidade que se faga.
Pódese tomar con torresmos ou como sobremesa, con azucre ou mel. Eu adoito fritir os torresmos antes de botar a masa para que lle dea máis sabor.

Nutrition

Calorías: 419kcal | Carbohidratos: 39g | Proteínas: 18g | Fat: 21g | Graxa saturada: 5g | Graxa poliinsaturada: 2g | Graxa monoinsaturada: 11g | Colesterol: 149mg | Sodio: 1173mg | Potasio: 227mg | Fibra: 1g | Azucre: 0.4g | Vitamina A: 15IU | Calcio: 30mg | Ferro: 3.2mg