Go Back
+ servings
Fabas con ameixas
Print Recipe
4 from 1 vote

Fabas con ameixas

As ameixas teñen que lavarse ben deixándoas en auga con sal durante unhas horas para que solten as areas. A receita pódese facer con fabas xa cocidas en conserva, pero eu fíxena cocendo as fabas. Se o facemos así, hai que telas en remollo desde a noite anterior.
Prep Time12 hrs
Cook Time1 hr
Tiempo de reposo3 mins
Total Time13 hrs 3 mins
Course: Primeiro prato
Cuisine: Galega
Keyword: fabas, marisco
Servings: 4 persoas
Calorías: 232kcal

Ingredientes

  • 500 g faba
  • 1 kg ameixa
  • 1 cebola
  • 2 dente de allo
  • 1 folla loureiro
  • 2 cdña pemento doce
  • 1 cda fariña
  • 4 cda aceite de oliva

Instructions

  • Cocer as fabas da seguinte maneira. Cubrilas de auga fría e esperar a que ferva. Cando solten a escuma, escoalas, lavalas e volver poñer a cocer, tamén en auga fría e cunha folla de loureiro. A cocción levará de 30 a 40 minutos. Se fose necesario engadir máis auga, esta debe ser sempre fría. Escoar e reservar.
  • Nunha tarteira con aceite poñer a sofrixir os dentes de allo e a cebola, picados moi finos.
  • Cando estean sofritos, engadir o pemento, baixando o lume para que non se queime.
  • A continuación engadir unha cullerada rasa de fariña e sofrixir para que non saiba a cru. Isto evitará que a salsa quede moi augada.
  • Incorporar as ameixas e esperar a que se abran.
  • Por último engadir as fabas e mesturar ben, pero con coidado para que non rompan demasiado.
  • Apagar o lume, tapar a tarteira e deixar repousar uns minutos.

Notes

As ameixas teñen que lavarse ben deixándoas en auga con sal durante unhas horas para que solten as areas. A receita pódese facer con fabas xa cocidas en conserva, pero eu fíxena cocendo as fabas. Se o facemos así, hai que telas en remollo desde a noite anterior.

Nutrition

Calorías: 232kcal | Carbohidratos: 38g | Proteínas: 16g | Fat: 2g | Graxa saturada: 1g | Colesterol: 11mg | Sodio: 227mg | Potasio: 555mg | Fibra: 14g | Azucre: 2g | Vitamina A: 375IU | Vitamina C: 3.6mg | Calcio: 110mg | Ferro: 3.8mg