Nunha tixola con aceite sofrixir a cebola e o pemento encarnado cortados á xuliana.
Cando estean feitos, retíranse do lume e déixase arrefriar o aceite o suficiente para poder engadir unha culleradiña de pemento doce sen queimalo.
Escoar a salsa e reservar 100 g de aceite para facer a masa.
Na mesma tixola fritir os filetes de lombo de porco previamente adobados con sal de allo. Incorpóranse ao rustrido e resérvase todo.
MASA
Nunha cunca ponse o medio quilo de fariña e se fai un oco no medio.
Dentro botánse a auga morna con sal, o aceite de preparar o recheo, o viño branco e o fermento desmiuzado.
Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue fácilmente das máns .
Formar unha bola. Cubrir cun pano e deixar repousar 20 minutos.
DOUGH (en Thermomix)
Poñer no vaso 150 g de auga, 100 g do aceite do rustrido, 50 g de viño e 20 g de fermento.
Programar 1 minuto / 40ºC / velocidade 2.
Engadir a fariña e o sal e programar 2 minutos / velocidade espiga
Sacar a masa do vaso e traballar á man para formar unha bola. Deixar repousar, tapada, durante 30 minutos.
MONTAXE
Divídese a masa en dous metades que se estiran en forma rectangular.
Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada (ou cuberta con papel de forno), colócase unha das metades da masa e sobre ela o recheo.
Tápase coa outra metade e selase polos bordos dobrando a parte inferior sobre a superior, na que debe facerse, no medio, un buraco a modo de cheminea.
Cos restos da masa pódense facer uns adornos.
Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 200º durante 30 minutos.