Cocer os grelos ben picados ata que estean moi tenros.
Cócense tamén as patacas en abundante auga con sal, déixanse escorrer ben e esmáganse.
Nunha tixola cun fondo de aceite frítese a cebola picada moi fina ata que estea transparente e agréganse os grelos mesturándoos ben coa cebola.
Bótase a pataca esmagada nun molde de "cake" untado cun pouco de aceite e espolvoreado con pan relado, cubrindo as paredes e deixando un oco no centro no que se poñerán os grelos.
Métese no forno durante media hora a unha temperatura de 170º a 200º, elevando o molde cara ao final do tempo para que se forme unha cortiza.