Poñer a carne a desalar a noite anterior. Tamén podemos pelar as castañas con antelación xa que leva tempo, a falta da invención dun pelador especial.
Toda a carne cocínase xunta agás a costela, que se bota unha media hora despois do resto, xa que se desfaría se a poñésemos desde o principio.
Media hora antes de que a carne estea lista, o retírase caldo a dúas potas nas que se cocerán as castañas nunha e as patacas na outra.
Ter conta de que as castañas non se desfagan demasiado e cando as patacas estean listas, escoar todo e servir.
Notes
Agora que estamos en época de castañas, non deixedes de probalas co cocido. O contraste coa carne salgada é exquisito.Nesta receita non tiña verduras polo que queda sen elas, pero o normal é acompañar as carnes con repolo, grelos ou verzas. En canto aos garavanzos, non os puxen porque me pareceu que as castañas eran suficientes.