Pícanse as verduras e refóganse nun pouco de aceite de oliva.
Cando están brandas engádese o calamar, limpo e cortado, e refógase todo xunto.
Agrégase o arroz, que tamén se refoga uns segundos, e logo incorpóranse as dúas culleradas de salsa de tomate, o caldo de peixe, a tinta de calamar e o pirixel picado.
Déixase cocer, primeiro a lume forte e logo moi suave, e en 20 minutos ten que estar listo.