Engadir o tomate triturado e un chisco de azucre para cortar a acidez. Sazonar con coidado porque o xamón engadirá máis sal. Deixar cocer a salsa ata que estea a medio facer.
Engadir os taquiños de xamón e un chisco de viño branco e cociñar todo xunto uns minutos.
Mentres, cocer a pasta en abundante auga con sal e un chorriño de aceite. Escoar e poñer nun bol.