500gbonito(se non o hai fresco, serve en conserva)
aceite de oliva
sal
Masa
100mlaceite de oliva(de preparar o recheo)
50mlleite(tibia)
30gfermento de panadaría
350gfariña
125mlauga(tibia)
1cdiñasal
Instrucións
Recheo
Prepárase o recheo da empanada facendo un guiso cos pementos e a cebola cortados á xuliana e o bonito troceado (se é en conserva non o engadiremos ata ir a rechear a empanada).
Masa
Prepárase co aceite sobrante de guisa-lo recheo (100 cc.), o fermento de panadaría, 125 cc. de leite morno, 125 cc. de auga morna, 350 grs. de fariña e sal.
Trabállase a masa coas variñas ata que se solte da cunca que estamos a usar e logo a mán durante 10 minutos.
Déixase repousar media hora e estírase en dúas partes co rodete.
Montaxe
Colócase a metade da masa nunha fonte de forno engraxada.
Pínchase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo.
Cúbrese coa otra metade da masa, que tamén hai que pinchar, e fáiselle un buraco no centro a xeito de cheminea.
Sélanse as dúas partes e adórnase cos restos da masa. Enfórnase durante media hora a 180º.