Unha receita de lasaña de carne, sinxela pero bastante laboriosa. Un prato que se pode empregar para calquera ocasión.
Prato Prato principal
Cociña Española, Italiana
Keyword carne, pasta
Preparación 1 hourhour
Tempo de cocción 40 minutesminutes
Tempo total 1 hourhour40 minutesminutes
Servings 8persoas
Calories 563.37kcal
Ingredientes
300glasaña40 placas
500gcarne de tenreirapicada
500gcarne de porcopicada
1pemento verde
1cebolapequena
2porro
800gtomatetriturado
ourego
aceite de oliva
sal de allo
200gqueixo relado
Para a bechamel:
750gleite
50gmanteiga
100gfariña
sal
pementaao gusto
1cdaaceite de oliva
manteiga para gratinar
Instrucións
Cocer a pasta en abundante auga con sal, escoar e reservar. Neste caso empregamos pranchas de lasaña precociñadas, polo que só temos que hidratalas seguindo as instrucións do fabricante (20 minutos a remollo en auga quente, sen necesidade de fervelas, e remexendo de cando en vez).
Picar o pemento, a cebola e os porros moi miúdos e sofrixilos en aceite.
Cando as verduras estean listas, engadir o tomate triturado. Ao tomate engádeselle un chisco de azucre para cortar a acidez (opcional), sal e as especias que desexemos. Neste caso: ourego e tomiño. Deixar cocer mentres douramos a carne.
Adobar a carne con sal de allo ou allo en po e dourala nunha tixola.
Cando estea dourada engadila á salsa e deixar cocer todo uns minutos. Incorporar 50 g do queixo relado e remover ata que se funda.
Preparar unha bandexa de forno, untándoa cun pouco de tomate triturado, o xusto para que non se pegue. Hai quen a cobre totalmente co tomate. Para o noso gusto, o que leva a carne abonda.
Ir colocando capas de pasta e carne ata acabar a carne e as placas de lasaña.
Facer a bechamel cos ingredientes indicados, cubrir con ela a lasaña, empoar co queixo relado, uns taquiños de manteiga e gratinar ata que estea dourada.
Video
Notes
Unha receita de lasaña de carne, sinxela pero bastante laboriosa. Un prato que se pode empregar para calquera ocasión.