Hai agora 30 anos, na miña única viaxe a Grecia, houbo dúas cousas, en plan gastronómico, que me encantaron: o Tzatziki e o pan de pita. Gústame máis o pan de pita, que non é coma o árabe que se abre e se pode encher. Déixoo para outra receita.
Prato Aperitivo, Ensalada
Cociña Grega, Mediterránea
Keyword allo, cogombro, iogur grego
Preparación 20 minutesminutes
Total Time 20 minutesminutes
Persoas 5persoas
Calorías 136.03kcal
Ingredientes
450giogurgrego
1cogombro
3denteallo
2cdavinagre
3cdaaceite de olivavirxe extra
sal
pementa
Instrucións
Pelar e relar o cogombro. Escoar e reservar.
Pelar e triturar os dentes de allo. Reservar.
Engade o cogombro escoado e o allo triturado ao iogur. Mesturar.
Engadir 2 culleradas de vinagre e 3 culleradas de aceite de oliva. Mesturar.
Salpementar.
Servir frío ou do tempo.
Video
Notes
Hai agora 30 anos, na miña única viaxe a Grecia, houbo dúas cousas, en plan gastronómico, que me encantaron: o Tzatziki e o pan de pita. Gústame máis o pan de pita, que non é coma o árabe que se abre e se pode encher. Déixoo para outra receita.Trouxen un libro de cociña grega (téñeno en todos os idiomas habidos e por haber) e hoxe preséntovos o Tzatziki. É unha ensalada de iogur grego con cogombro, allo e vinagre. É como unha salsa pero os gregos (no meu libro de cociña grega) clasifícana como ensaladaAquí acompaño o Tzatziki con galletas Mariñeiras que están estupendas.