Para preparar as albóndegas faise un picadiño coas carnes, 1 cebola, 1 dente de allo, o pirixel picado, os 2 ovos, un chorriño de leite e pan relado.
Envólvense en fariña, frítense e resérvanse.
Nunha tixola prepárase a salsa de cinco verduras: 1 pemento vermello, 1 cebola, 1 cenoria e 2 dentes de allo.
Antes de engadir os 3 tomates pelados e limpos de pepiñas, incorpórase unha cullerada de fariña, viño branco e sal e, xa cos tomates, unha pizca de azucre.
Déixanse cocer tódalas verduras 15 minutos e logo tritúranse e cóanse.
Na salsa resultante, que se condimenta con ourego, cócense as albóndegas de 20 a 25 minutos.
Sérvense acompañadas de patacas fritas ou de macarróns cocidos.