Engadir o viño e o caldo das ameixas e deixar cocer para que espese (2 ou 3 minutos).
Verter esta salsa sobre as ameixas e engadir un pouco de perexil picado, ao gusto.
Video
Notes
Presentamos outro xeito de facer ameixas á mariñeira, con cebola, pemento doce, viño branco, caldo das ameixas, un pouco de fariña para espesar a salsa e perexil.É unha receita moi sinxela, non tanto coma comer ameixas ao vapor, pero case.A outra receita que fixen para as ameixas á mariñeira creou moita controversia en YouTube, porque hai xente que di que non son a mariñeira. Supoño que con esta acontecerá tres cuartos do mesmo. Pero, ao parecer, nunca se cociña ao gusto de todos.Calquera receita ten varias variantes, dependendo do costume de cada casa. Na miña sempre era facelas coma na primeira receita.Ben, espero que vos gusten (aínda que non as consideredes ameixas á mariñeira)