Como preparar arroz con lagostinos nun wok e empregando como líquido un caldo feito coas cascas dos lagostinos.
Course Prato principal, Primeiro prato
Cuisine Española
Keyword arroz, marisco
Preparación 1 hourhour
Tempo de cocción 20 minutesminutes
Total Time 1 hourhour20 minutesminutes
Servings 4persoas
Calories 504.87kcal
Ingredientes
240garroz
750glagostino
2denteallo
½cebola
½pemento encarnado
1tomate
2follasloureiro
4cdasaceite de olivavirxe extra
700gfumetpreparado coas cascas dos lagostinos
sal
pementa
1chiscoazucre
Instrucións
Limpar as colas dos lagostinos, reservando as cascas.
Sazonar as colas e reservar.
Sofrixir as cascas e cabezas en aceite de oliva virxe extra.
Engadir dúas follas de loureiro e un litro de auga, e deixar cocer para facer un fumet. Escoar e reservar.
Sofrixir os dentes de allo, fileteados, xunto coa cebola e os pementos, cortados á xuliana, e o tomate, relado e aderezado con sal e azucre a partes iguais.
Unha vez sofrixido todo, engadir o arroz e refogalo un ou dous minutos.
Incorporar 700 g do fumet e levar a ebulición.
Cando comece a ferver, engadir os lagostinos e deixar cocer, sen tapar, 17 minutos.
Retirar do lume e deixar repousar, tapado, 5 minutos.
Video
Notes
Como preparar arroz con lagostinos nun wok e empregando como líquido un caldo feito coas cascas dos lagostinos.