Nunha paella douranse as gambas con aceite de oliva virxe e resérvanse.
No mesmo aceite refóganse os pementos cortados en dados e a cebola picada moi fina.
Cando as verduras estean listas engádense os anacos de peixe sapo e o arroz e refóganse uns minutos, antes de regalos co caldo de peixe quente, que levará disoltas uns fíos de azafrán.
Un pouco antes de se facer completamente o arroz engádense os chícharos cocidos e as gambas reservadas.