Picar a cebola e un dos pementos moi miúdos, trocear o outro pemento en cadrados e poñer a sofritir no aceite. Sazonar.
Mentres, trocear tamén os tomates moi miudos (mellor pelados) e cando a cebola e os pementos estean case a punto, engadilos ao sofrito e sazonar.
Deixar facer ata que o sofrito estea listo e, de seguido, engadir o bacallau. Deixar facer 4 ou 5 minutos por cada lado (dependendo do grosor do anaco).
Cando estea listo o bacallau, retiralo, con coidado para que non se rompa, a un prato e reservar.
Incorporar os garavanzos e deixar quentar uns minutos xunto co sofrito para que tomen o gusto de este e do bacallau. Por último volver a incorporar o bacallau e servir.