Prequentar o forno a 150-160º. Poñer a reixa do forno nunha das fontes e cubrir o fondo con auga.
Machucar os allos co perexil picado e mesturar co viño.
Untar ben o bacoriño co mollo pola parte interna e sazonalo. Poñelo na fonte coa pel hacia arriba, coidando de que a auga non a toque xa que quedaría branda.
Enfornar durante dúas horas aproximadamente, coidando que que o fondo non quede seco. Un pouco antes de retiralo, subir o lume para que a pel quede torrada e crocante.
Pasar o bacoriño a unha fonte para servir e pasar a salsa que soltou no forno a outra cazola.
Neste cazola poñer as patacas cortadas en dados e previamente douradas en aceite. Metelas ao forno uns 15 minutos aproximadamente.