Como abrir berberechos ao vapor para comelos de forma natural
Course Aperitivo
Cuisine Galega
Keyword berberechos, marisco
Tempo de cocción 2 minutesminutes
Tempo de remollo 6 hourshours
Total Time 6 hourshours2 minutesminutes
Servings 2persoas
Calories 29.63kcal
Ingredientes
½kgberberecho
auga
sal
limónopcional
Instrucións
Lavar os berberechos e deixalos varias horas en auga con sal para que solten as areas que poidan ter. Se é necesario cámbiaselles a auga.
A continuación poñelos nunha pota ou tixola bastante quente. Coa auga que soltan os propios berberechos é suficiente para que se abran.
Servir unha vez que estean abertos.
Nota: refugar aqueles berberechos que non se abran
Video
Notes
Os berberechos ao vapor, ou berberechos ao natural abertos ao vapor, non se fan con viño, nin con aceite, nin allo, etc. Soamente é necesario un recipiente quente e os berberechos.Os berberechos máis naturais que tomei eu na miña vida foron os que collía na praia cando era cativa. Cando nos bañabamos rascabamos un pouco na area cos pés e saían a mancheas. Bo, o caso é que os abriamos uns contra outros e comiámolos alí mesmo, no mar.Claro que iso era antes, agora están as vedas e os mariscadores que teñen que gañarse a vida. Por iso non podemos andar esquilmando os recursos, que todo o mundo ten dereito a gañarse o pan honradamente.Para abrilos en casa e cociñalos un pouco, hai a quen non lle gustan crus, temos que lavalos para que solten as areas. Póñense baixo o chorro de auga e despois déixanse en auga con sal durante varias horas para que beban e solten as areas. Se é necesario, cámbiaselles a auga as veces que faga falta ata que salga limpa.Por último, póñense os berberechos directamente nun recipiente bastante quente e, co líquido que soltan eles mesmos, é suficiente para que se abran.Están exquisitos!!