Nunha tarteira con aceite quente márcase o bonito previamente sazonado. Retírase e resérvase.
Nese mesmo aceite, se é necesario pode engadirse un pouco máis, dóurase a cebola e a continuación icorpórase o viño branco, remexendo para recoller ben a sustancia do bonito.
De seguida engádese este, deixando reducir o prebe ata que a cebola adquira un ton caramelizado, dádolle a volta ao bonito á metade de tempo para que se faga polos dous lados.