Nunha pota ponse abundante auga con sal gorda e loureiro
Se están vivas, as centolas deben incorporarse mentres a auga estea fría para que non solten as patas. Se están mortas hai que botalas cando a auga estea fervendo e comezar a contar o tempo unha vez que a auga volve ferver.
Cando a auga comece a ferver deixanse cocer de 10 a 15 minutos (depende do tamaño).
Escóanse, sérvense frías (do tempo), troceadas e co caldo no caparazón.
Video
Notes
Nesta receita explicamos como se coce unha centola e como se abre e se limpa para servila lista para comer.