Desmiuzar moi fino o miolo de pan (mellor do día anterior) e mesturala cos ovos batidos, esmagándoa e empapándoa ben, pero de xeito que dede máis ben espesa.
Deixalo así durante media hora para que empape ben.
A continuación, coa axuda de dúas culleres (sopeiras) formar as chulas e fitilas ata que estean douradas, en aceite ou manteca de vaca.
Escoar nun papel de cociña para eliminar o exceso de graxa e empoar co azucre.