Poñer a quentar a auga, o sal, a manteiga, a canela e a corteza do limón. Cando rompa a ferver, retirar a canela e a codia de limón e botar a fariña de golpe, remexendo enerxicamente cunha culler de pau ata que a pasta se desprenda do cazo, formando unha bola.
Retirar do lume e deixar repousar ata que estea morna.
Engadir os ovos, un a un ata que estean ben integrados e formen unha pasta homoxénea e espesa.
Coa axuda de dous culleres (sopeiras ou de postre, según o tamaño que queiramos dar aos buñuelos, e tendo en conta que ao fritírmolos aumentarán o seu volume), coller porcións de pasta, dándolles forma redondeada, e fritir en aceite non moi quente.
Escoar nun papel absorbente para retirar o exceso de aceite e enchelos con crema pasteleira, chocolate ou nata montada.