Nunha ola a presión cocemos, durante 20 minutos, o codillo xunto co touciño entrefebrado.
Nunha pota poñemos os grelos, os zancos de polo, o chourizo e 4 patacas pequenas. Salgamos con mesura pois logo engadiremos caldo do codillo. Engadimos auga ata a metade e poñemos a cocer.
A media cocción engadimos, ata cubrir todo, caldo do codillo, e deixamos cocer ata que os alimentos estean listos.