Una vez limpas as douradas, sálganse e se lles fai un par de cortes transversais a cada unha, cortando a espiña pero sen chegar a separar os trozos.
Cúbrese con aceite de oliva unha fonte de forno e, posta ao lume, dourase nela a cebola cortada en xuliana e déixase arrefriar para preparar as douradas antes de as meter no forno.
Colócanse as douradas na fonte regándoas cun vaso de viño do Ribeiro branco e o zume de medio limón.
En cada un dos cortes realizados previamente introdúcese media roda de limón, bótaselles pan relado e colócanse sobre as douradas uns anaquiños de manteiga.
Enfórnanse durante 40 minutos aproximadamente (dependendo do tamaño) a 160º-180º.