Receita de empanada de atún con masa feita cunha parte de leite
Course Aperitivo, Primeiro prato
Cuisine Galega
Keyword atún, empanada
Preparación 2 hourshours
Tempo de cocción 30 minutesminutes
Total Time 2 hourshours30 minutesminutes
Servings 4persoas
Calories 794.75kcal
Ingredientes
Recheo
240gatúnen aceite de oliva
2cebola
1pemento encarnado
Masa
130gauga
50gleite
100gaceite de olivavirxe extra de facer o sofrito
20gfermento de panadaría
500gfariña forte
1cdiñasal
Instrucións
Recheo
Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
Quentar aeite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
Escoar o rustrido e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
Mesturar o atún co rustrido e deixar repousar mentres facemos a masa.
Masa
Poñer no vaso da Thermomix 100 g de aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 50 g de leite e 20 g de fermento.
Programa 90 segundos, 40º C, velocidade 3.
Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
Programar 2 minutos a velocidade espiga.
Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.
Empanada
Prequentar o forno a 200ºC
Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
Poña unha das metades na fonte e, sobre ela, o recheo.
Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un buraco no centro.
Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Video
Notes
A receita da empanada galega é moi variada, e neste caso empregamos unha masa que leva unha parte de leite. É unha masa con fermento, polo que é necesario deixala repousar para que levede.Para facela, ademais, utilizamos unha Thermomix. Se non se ten Thermomix, ou unha máquina amasadora, e temos que facer a masa á man, convén non esquecer quentar os líquidos co fermento antes de os mesturar coa fariña.