Nun bol mestúranse o leite, o viño e o aceite de oliva e engádese un pouco de sal.
Vai incorporándose a fariña ata que a masa se despegue, momento no que se pasa a unha superficie lista e continúase amasando ata que non admita máis fariña. Debe quedar unha masa suave e elástica.
Recheo
Dóuranse os allos nun pouco de aceite de oliva e incorpóranse os grelos cocidos ben escorridos e o xamón cortado en lascas non moi grosas refogándoos uns momentos. Retíranse on allon e resérvase o recheo escoado.
Montaxe
Divídese a masa en dúas mitades, estendendo unha delas sobre unha fonte de forno engraixada ou cuberta cun papel d forno para que non se pegue.
Esténdese o recheo sobre a masa.
Tápase coa outra mitade da masa, tamén estendida, e sélase polos bordes facendo un burato no medio a modo de cheminea.
Píntase con ovo batido e enfórnase a 180ºC durante 35-40 minutos aproximadamente.