Receita de empanada de polbo (masa feita con Thermomix)
Course Aperitivo, Primeiro prato, Tentempé
Cuisine Galega
Keyword empanada, polbo
Preparación 1 hourhour
Tempo de cocción 30 minutesminutes
Total Time 1 hourhour30 minutesminutes
Servings 6persoas
Calories 598.33kcal
Ingredientes
Recheo
1000gpolbo cocido e cortado
1cebola grande
2cdñapemento doce
aceite de oliva
Masa
500gfariña de forza
200mlauga
100mlaceite de oliva de preparar o recheo
25gfermento de panadaría
1cdñaazucre
2cdñasal
Instrucións
Recheo
Saltear a cebola en abundante aceite de oliva.
Unha vez salteada, apagar o lume e engadir o pemento doce e o polbo cortado
Mesturar ben.
Escoar do aceite e reservar por separado porque necesitaremos 100 ml de aceite do recheo para preparar a masa.
Masa en Thermomix
Poñer no vaso a auga, o aceite usado para facer o recheo, a fariña e o sal.
Programar 1 minuto a 40º, velocidade 2
Engadir o fermento esmiuzado e a fariña
Programar 2 minutos e medio a velocidade espiga
Retirar a masa, formar unha bola e deixala repousar, tapada, durante aproximadamente un cuarto de hora.
Masa a man
Botar a fariña nun bol e facer un buraco no centro
Botar o azucre e o fermento esmiuzado na auga morna.
Verter a auga sobre o buraco da fariña e mesturar.
Engadir o sal e o aceite do recheo.
Amasar ata obter unha masa elástica.
Deixar repousar, cuberta, aproximadamente un cuarto de hora
Montaxe
Eliminar o aire da masa e dividir en dúas metades
Estirar unha das metades e poñela nunha fonte de forno
Estender o recheo e engadir un pouco de sal ao polbo
Estirar a outra metade da masa e cubrir o recheo.
Dobrar o bordo inferior sobre a parte superior.
Fai un buraco no centro da empanada a modo de cheminea
Pódense facer adornos coa masa sobrante.
Pintar con ovo batido
Enfornar a 200ºC durante 25-30 minutos.
Video
Notes
A receita de empanada galega é moi variada. Neste caso empregamos unha masa de fermento, o que implica a necesidade de deixala repousar para que suba. Para facela tamén empregamos unha Thermomix.