Primeiro faremos o recheo porque necesitaremos o aceite resultante para facer a masa.
Nunha tixola, dourar os filetes de polo adobados con sal de allo. Retirar e reservar.
Na mesma tixola engadir máis aceite e pochar a cebola e o pemento troceados ata que estean brandos.
Mentres, trocear os filetes e engadirlles o pemento e a cebola escoados do aceite, que se usará para a masa. Reservar este recheo e deixar arrefriar.
Masa
Desfacer o fermento na auga, que debe estar morna.
Nun bol, mesturar todos os ingredientes líquidos e o sal.
Ir engadindo a fariña ata formar unha bola que se despegue das paredes.
Amasar sobre unha superficie enfariñada ata obter unha masa uniforme. Deixar repousar durante cinco minutos cuberta cun pano.
Montaxe
Cortar a masa en dúas metades, unha un pouco máis grande cá outra.
Estirar a metade máis grande e poñela sobre unha bandeira de forno, percurando que sobre masa polos laterais. Convén utilizar como base un papel de forno ou unha lámina tipo Silpat para evitar que se pegue a empanada. Neste caso eu usei un Silpat sobre o que estirei a masa e logo coloqueino directamente sobre a bandeixa.
Estender o recheo sobre a base da empanada.
Estirar a outra metade da masa e cubrir a empanada. Selar os bordes dobrando a masa sobrante dos laterais da base sobre a tapa.
Facer un buraco no medio a modo de chimenea e pintar con ovo batido toda a superficie.
Enfornar a 200ºC durante 30 minutos.
Notes
Eu fixen a masa na Thermomix pero as instrucións da receita explican como se fai a man para aqueles que non dispoñan dun aparello semellante.Usei só unha cebola e un pemento porque me gustan as empanadas máis ben secas, pero pode aumentarse a cantidade ao gusto de cada quen.