A "enfariñada", "faragullos" segundo a zona, é un prato típico da Mariña luguesa. En Trabada chámase Enfariñada e na Pontenova, Faragullos. Nos dous lugares celébrase unha festa gastronómica para a súa exaltación.
Course Sobremesa, Tentempé
Cuisine Galega
Keyword fariña, ovos
Preparación 5 minutesminutes
Tempo de cocción 30 minutesminutes
Total Time 35 minutesminutes
Servings 2persoas
Calories 375.3kcal
Ingredientes
1ovo
100gfariña
125gaugaou leite
50gtouciño entrefebrado
sal
aceite de oliva
Instrucións
Bater o ovo xunto coa auga e o sal.
Engadir a fariña ata obter unha pasta semilíquida, algo máis espesa que a das filloas.
Nunha tixola cun pouco de aceite, frite os anacos de touciño ata que estean tostados para que solten a graxa. Retirar e reservar.
Na mesma tixola, engade a masa. Cando comece a fixarse na parte inferior, dálle a volta. Nese momento romperá.
Segue cortando e removendo a masa cunha escumadera ou cunha culler de madeira ata obter algúns anacos pequenos, dourados pero non crus.
Ao final, incorporar os torresmos para que se quenten e servir.
Video
Notes
A "enfariñada", "faragullos" segundo a zona, é un prato típico da Mariña luguesa. En Trabada chámase Enfariñada e na Pontenova, Faragullos. Nos dous lugares celébrase unha festa gastronómica para a súa exaltación.Basicamente consiste nunha masa semilíquida de fariña, auga e ovos. Segundo a costume pódese poñer leite en vez de auga ou as dúas cousas. Esta masa cállase nunha tixola cun pouco de aceite ou graxa de porco e pícase cunha escumadera ou cunha culler de madeira ata obter uns pequenos anacos de masa (os faragullos) que se cociñan ata que estean un pouco dourados e á ao mesmo tempo non estean crus. O proceso de callado pode durar entre 15-20 minutos aproximadamente. Por suposto, iso tamén depende da cantidade que se faga.Pódese tomar con torresmos ou como sobremesa, con azucre ou mel. Adoito fritir os torreznos antes de engadir a masa para darlle máis sabor.