Saltéanse as setas lentamente nun pouco de aceite de oliva.
Unha vez listas, resérvanse e engádeselle á tixola o resto do aceite, no que se doura un dente de allo para que o aceite non saiba a cru.
Déixase templar o aceite e engádeselle a cullerada de pemento doce e o vinagre de viño branco.
Unha vez listo o escabeche, vértese sobre as setas ás que, previamente, se lle engadirán o resto dos ingredientes do allo picado e as follas de loureiro (ó gusto). Consérvanse nun recipiente apropiado no frigorífico.