Cocer as fabas (remolladas a noite anterior se non están tenras) en auga fría. Cando empecen a ferver e solten a escuma, botamos a auga. Volver poñelas a cocer con auga fría (mesturada co caldo de cocer o polbo) e sal.
Se, a medida que as fabas cocen, quedan curtas de auga pódese engadir máis, pero sempre fría. Tardarán unha hora aproximadamente.
Mentres cocen as fabas, cortar en cubos moi pequenos as verduras: cebola, pementos e tomate.
Cortar o polbo (cunhas tesoiras) e reservar.
Cando as fabas estean case listas, empezar a facer o rustrido
Nunha tarteira con aceite dourar a cebola.
A continuación engadir os pementos (vermello e verde) e cando estean case listos, incorporar o tomate.
Cando o rustrido estea listo, engadir o pemento doce e refogar ben con coidado de que non se queime.
A continuación incorporar as fabas e remover con coidado de que non rompan. Se é necesario, engadir un pouco de caldo.
Por último engadir o polbo e mesturar ben.
Video
Notes
As fabas, en castelán "habas", coñécense tamén como "habichuelas", "judías blancas", "alubias"... En Galicia usamos normalmente o termo "fabas" e as "Fabas de Lourenzá" son famosas por ter Indicación Xeográfica Protexida. Con elas fixen esta receita.Para esta receita pódense empregar fabas e polbo xa cocidos, o que fai que a receita sexa moi sinxela. Neste caso cocín as fabas pero usei polbo cocido previamente.Espero que vos guste.