Verter todos os ingredientes nun bol e mesturar ben. Ten que ser unha pasta uniforme. Deixar repousar unha hora.
Engraxar unha tixola de ferro (se non se ten filloeira) con touciño e, cando estea ben quente, botar un caciño de pasta espallándoa uniformemente por toda a tixola.
Cando estea feita dun lado (cando se despegue ben da tixola), darlle a volta e deixar que se faga polo outro lado.
Retirar da tixola a un pano para quita-lo exceso de graxa. Pasar a un prato.
Repetir a operación ata rematar a pasta, untando a tixola co touciño para cada filloa.