As follas de limón son unha sobremesa tradicional galega moi propia da época do Entroido pero, por desgraza, está caendo no esquecemento.
Course Sobremesa
Cuisine Española, Galega
Keyword follas de limoeiro
Preparación 20 minutesminutes
Tempo de cocción 45 minutesminutes
Tempo de repouso 15 minutesminutes
Total Time 1 hourhour20 minutesminutes
Servings 10persoas
Calories 105.28kcal
Ingredientes
200gfariña
250mlleite
2ovo
1cdaazucre
extracto de limón
50folla de limoeiro
aceite de olivapara fritir
azucrepara empoar
Instrucións
Cun batedor, mestura a fariña, o leite, os dous ovos, a cullerada de azucre e unhas pingas de esencia de limón, ata que se forme unha pasta fina.
Deixar repousar a pasta durante media hora
Mergullar as follas de limón na pasta e fritilas en aceite quente. Coidado coa temperatura do aceite pois, ao levar leite e azucre, a mestura pode se queimar axiña.
Escoar sobre un papel de cociña para eliminar o exceso de aceite, reitrar as follas de limoeiro (opciona) e empoar con azucre.
Video
Notes
As follas de limón son unha sobremesa tradicional galega moi propia da época do Entroido pero, por desgraza, está caendo no esquecemento. En realidade, as orellas de Entroido ou as flores son moito máis coñecidas. Na rexión de Murcia tamén as fan, se non o mesmo, practicamente, e chámanse "paparajotes".Para preparar as follas de limón utilízanse as follas do limoeiro como soporte para a pasta. Aínda que menos empregadas, tamén funcionan as follas da laranxeira E as follas deben estar moi limpas e, ademais, moi secas para que a pasta quede ben adherida. Ollo! as follas non se comen.Hai quen deixa as follas do limoeiro unha vez feitas pero prefiro quitalas canto antes para que non se reblandezan e non saian demasiado aceitosas.Finalmente, con estas cantidades, saíronme 50 follas (40 no vídeo). A diferenza está só no tamaño das follas.