Nun cazo, poñer a quentar o leite co pau de canela ata que ferva.
Noutro recipiente mesturar o azucre coa fariña e as 2 xemas.
Cando o leite rompa a ferver, botalo sobre esta mestura, despacio e remexedo.
Poñer de novo ao lume lento e deixar que coza, sen deixar de remexer, ata que espese. Verquer nunha fonte rectangular un pouco fonda e deixar arrefriar.
Unha vez fría e callada a pasta, cortar en anacos rectangulares, pasalos por fariña e ovo batido e fritilos en abundante aceite quente