Cocer a pasta en abundante auga con sal ata que estea "al dente". Escoar e reservar.
Mentres, cortamos as luras en dados non moi grandes.
Nunha tarteira con aceite póñense a dourar os dentes de allo fileteados. Cando empecen a se dourar engádense as luras, previamente sazonadas, e refóganse un ou dous minutos a lume forte.
De seguido baixase o lume e déixanse facer lentamente, remexendo de cando en vez.
Cando estean listas, engadimos a pasta que tiñamos reservada e refogamos todo xunto uns intres.