Cubrir o fondo dunha pota con aceite e refogar os allos ben picados e a cebola cortada en xuliana.
Antes de que comecen a coller cor, engadir o pemento picado en cadrados non moi grandes e refogar todo uns minutos.
Engadir os tomates pelados cortados en cadradiños moi pequenos e, cando empecen a romper, engadir as luras limpas cortadas en anacos, sofrixíndoos un pouco.
Engadir o viño branco, o suficiente para case tapalo e cociñar ata que as luras estean tenras.
Acompañar con patacas fritas ou arroz branco.
Video
Notes
Unha saborosa receita de luras guisadas con tomate e pemento. Vai acompañado de arroz branco. Con patacas fritas tamén son moi saborosas