Esta receita de luras na súa tinta é moi sinxela. O máis complicado é limpar as luras, pero iso pódese facer na peixaría. Grazas a iso, só teremos que facer a salsa e cocer nela as luras.
Course Prato principal
Cuisine Española, Galega
Keyword luras, tinta
Preparación 15 minutesminutes
Tempo de cocción 45 minutesminutes
Total Time 1 hourhour
Servings 4persoas
Calories 385.65kcal
Ingredientes
1200gluraslimpos e troceados
1cebola
1denteallo
1vasoviño branco
1cdafariña
aceite de oliva
perexilpicado
sal
100garroz
1saquiñatinta concentrada de chocos
Instrucións
Dourar a cebola e o allo picados a lume baixo en aceite de oliva.
Engadir unha cullerada de fariña e refogar ben.
Despois refogar as luras, limpas e cortadas en anacos, durante uns 5 minutos.
Engadir o viño e deixa evaporar o alcol.
Incorporar as tintas disoltas na auga.
Salgar e cocer aproximadamente 30 minutos.
Se a salsa espesa demasiado, engadir un pouco máis de auga. Se, pola contra, queda moi solta, deixar cocer uns 5 minutos coa pota destapada.
Un pouco antes de rematar a cocción, engadir o perexil picado e cociñar uns minutos.
Servir con arroz branco
Video
Notes
Esta receita de luras na súa tinta é moi sinxela. O máis complicado é limpar as luras, pero iso pódese facer na peixaría. Grazas a iso, só teremos que facer a salsa e cocer nela as luras.A salsa, nesta receita, é moi sinxela porque, ademais da tinta, só ten allo, cebola, viño branco e un pouco de fariña para espesala. Por último, tamén se engade un pouco de perexil picado.Hai outras receitas nas que tamén se empregan outros ingredientes como tomates, pementos, etc. A min gústame así.O acompañamento máis tradicional para a lura na súa tinta é o arroz branco.