Cúbrese con aceite o fondo dunha cazoliña de barro e ponse ao lume.
Filetéanse os allos e, cando o aceite estea quente, engándense á cazola.
Cando os allos comecen a coller cor dourada, engádese o chile e, inmediatamente, os meixóns, remexendo continuamente para que se impregnen ben do sabor do aceite.
Mantéñense ao lume o tempo imprescindible para se quentaren ben, xa que se pasan rapidamente e, coa calor que acumula o barro, continuarán facéndose unha vez retiradas do lume.